Anuncio cobranza recibos IAE 2026 (AEAT) cotas nacionais e provinciais
EXP: 2026/X999/000450
ANUNCIO DE COBRANZA RELATIVO AOS RECIBOS DO IAE 2026
Comunícase, en relación cos recibos do Imposto sobre Actividades Económicas correspondentes a
2026, e cando se trate de cotas nacionais e provinciais, cuxa xestión recadadora corresponde á
Administración Tributaria do Estado, o seguinte:
PRAZO PARA EFECTUAR O INGRESO
Do 16 de setembro ata o 20 de novembro de 2026 (Resolución de 10-06-2026 do Departamento de
Recadación da Axencia Estatal de Administración Tributaria).
LUGAR DE PAGO
- Cotas nacionais
A través das Entidades colaboradoras (Bancos, Caixas de Aforro e Cooperativas de crédito) nas que
non é preciso que o obrigado ao pago dispoña de conta aberta.
- Cotas provinciais
A través das Entidades colaboradoras (Bancos, Caixas de Aforro e Cooperativas de crédito) nas que
non é preciso que o obrigado ao pago dispoña de conta aberta.
Os ingresos poderanse efectuar no horario de atención ao público das devanditas Entidades.
Asemade, o pago de cotas nacionais e provinciais poderá ser realizado mediante adeudo en conta, a
través de Internet, na dirección https://sede.agenciatributaria.gob.es, na opción Pagar aprazar e
consultar débedas. Para realizar o pago a través de Internet é necesario dispoñer dun sistema de
firma electrónica dos admitidos pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.
O vencemento do prazo de ingreso en período voluntario, sen ser satisfeita a débeda, determinará o
inicio do período executivo e o pagamento dos intereses de demora e das recargas a que se refiren
os artigos 26 e 28 da Lei Xeral Tributaria.
Sada, 20 de xullo 2026
O alcalde
Oscar Benito Fernández Portela