Sede electrónica Concello de Sada

21:14:17 Sábado 23 de novembro 2024

Información

Secretaría

11/07/2024

Convocatoria da sesión Plenaria extraordinaria do 23 de xullo do 2024 (12/2024-P), (concelleiros)

EXP: 2024/G010/000011

Sesión núm. 12/2024

DECRETO DA ALCALDÍA DA CONVOCATORIA DO PLENO

Por así telo solicitado un grupo de cinco concelleiros e concelleiras (2 UPSA, 2 PP e 1 GM-PSOE) o 08 de xullo do 2024, de conformidade co establecido nos artigos 46, apartado 2, da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, 38 e ss do Regulamento orgánico municipal (ROM) e 78 e 80 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,

RESOLVO

PRIMEIRO.- Convocar a sesión do Pleno do Concello a celebrar nas data e hora que se indican en primeira convocatoria e corenta e oito horas máis tarde en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:

Sesión de: Pleno Data da sesión: 23 de xullo do 2024

Convocatoria: Extraordinaria Hora: 22.00

Lugar: Salón dos Plenos da Casa do Concello

ORDE DO DÍA

1º.- Debate sobre a situación actual das contratacións municipais do concello de Sada.

2º.- Inicio dos expedientes de contratación de competencia de pleno.

SEGUNDO: Dar traslado desta Resolución aos sres. concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles de que, conforme co disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86 do 28 de novembro, deberán comunicar con antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir á citada sesión.

TERCEIRO: Que se poña a disposición dos concelleiros a documentación íntegra dos asuntos incluídos na orde do día que deban servir de base para o debate e, de ser o caso, votación, na Secretaría do Concello, aparte da súa posta a disposición a través da sede electrónica municipal ou da súa remisión por medios dixitais.

____________________

Documento asinado dixitalmente polo alcalde, Óscar Benito Portela Fernández, e a secretaria do concello, María del Carmen Seoane Bouzas, o 11 de xullo do 2024.


Xustificantes de Publicación: