Sede electrónica Concello de Sada

02:02:31 Sábado 21 de maio 2022

Información

Persoal

26/04/2022

Bases específicas bolsa de emprego para persoal laboral temporal para postos de socorristas. PS 5-22

EXP: 2022/E001/000003

O prazo de presentación das instancias (10 días hábiles) comeza ao día seguinte da publicación do anuncio da convocatoria no BOP.

As taxas de participación son 10€ (base 5ª das xerais)

A carta de pagamento descargarase seguindo o procedemento que aparece na sede electrónica do Concello de Sada (https://sede.sada.gal) no apartado da Oficina Virtual Tributaria, opción: pagamento de taxas/Exp.doc,act,addm e outros dos/dereitos de exame.

 

Unha vez descargado, o dito documento deberá imprimirse e pagar nunha das entidades colaboradoras reflectidas no mesmo impreso. Tamén se poderá realizar o pagamento na mesma sede electrónica ou a través das distintas canles que o permitan (caixeiros, banca electrónica, etc.).

O pagamento a través deste medio será o único válido para o aboamento da taxa. Non se admitirán xustificantes que non correspondan ao ingreso realizado mediante carta de pagamento.

Para presentar a instancia a través da Sede electrónica https://sede.sada.gal haberá que empregar o trámite solicitude xeral e a este acehgarlle a instancia de participación e o resto de documentación esixida na convocatoria.

As solicitudes de participación axustaranse ao modelo que está a disposición na seguinte ligazón: https://www.sada.gal/ga/a-un-click/impresos ou que se lles facilitará nas dependencias municipais.


Xustificantes de Publicación: