Sede electrónica Concello de Sada

12:20:58 Venres 29 de marzo 2024

Información

Servizos económicos

27/01/2023

Aprobación inicial da derrogación da ordenanza da PPCPNT polos servizos de escola infantil Florita

EXP: 2020/X999/001595

O Pleno do Concello en sesión celebrada o día 26 de xaneiro de 2023, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

- Derrogar a Ordenanza reguladora da prestación patrimonial de carácter público non tributario polos servizos da escola infantil Flora Ramos “Florita”

De conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 56 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local, o dito expediente queda de manifesto na secretaría xeral deste Concello abríndose un prazo de información pública e audiencia aos interesados de trinta (30) días hábiles, contados dende o seguinte ao de publicación do presente anuncio no BOP, co fin de que durante o dito prazo se poidan formular as reclamacións que se consideren oportunas. Transcorrido o dito prazo, o Pleno do Concello adoptará o acordo definitivo que proceda, resolvendo as reclamacións que se teñan presentado e aprobando a derrogación definitiva da ordenanza. No caso de que non se teñan presentado reclamacións, o acordo ata entón provisional entenderanse definitivamente adoptado, sen necesidade de novo acordo plenario.


Xustificantes de Publicación: