Sede electrónica Concello de Sada

10:40:46 Venres 29 de marzo 2024

Información

Secretaría

08/02/2023

Convocatoria da sesión Plenaria extraordinaria do 23 de febreiro do 2023 (02/2023-P), por petición

EXP: 2023/G010/000002

Expte. núm. 2023/G010/000002

Sesión núm. 02/2023


 

DECRETO DA ALCALDÍA DA CONVOCATORIA DO PLENO

Por así telo solicitado un grupo de sete concelleiros (6 SM e 1 BNG) o 03 de febreiro do 2023, de conformidade co establecido nos artigos 46, apartado 2, da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, 38 e ss do Regulamento orgánico municipal (ROM) e 78 e 80 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,

RESOLVO

PRIMEIRO.- Convocar a sesión do Pleno do Concello a celebrar nas data e hora que se indican en primeira convocatoria e corenta e oito horas máis tarde en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:

Sesión de: Pleno Data da sesión: 23 de febreiro do 2023

Convocatoria: Extraordinaria Hora: 22.00

Lugar: Salón dos Plenos da Casa do Concello

ORDE DO DÍA

1º.- Toma de coñecemento dos escritos da presidencia de Alternativa dos Veciños de datas 07/11/2022, 17/11/2022 e 24/11/2022, de expulsión de Dª María Nogareda Marzoa e D. Breogán Blanco González, así como dos escritos de 23/01/2023 do PSdeG-PSOE adxuntando (achegando) resolución de expulsión de Dª María Pardo Fafián e D. Ramiro Blanco Montero, aos efectos do previsto no art. 73.3 Lei 7/1985, de Bases de Réxime Local.

2º.- Supresión dos Grupos Municipais Socialista e Alternativa dos Veciños.

3º.- Resolución de recurso de reposición presentado pola concelleira Laura Rodriguez Pena (BNG) contra dos acordos do Pleno da Corporación de 29/12/2022 sobre recoñecemento de compatibilidade á concelleira delegada Dª María Pardo Fafián para o exercicio do seu cargo municipal en réxime de dedicación parcial con actividades públicas, e sobre modificación do réxime da retribución da concellaría delegada de Facenda, contratación e seguridade cidadá.

SEGUNDO: Dar traslado da presente Resolución aos sres. concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles de que, conforme co disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86 do 28 de novembro, deberán comunicar con antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir á citada sesión.

TERCEIRO: Que se poña a disposición dos concelleiros a documentación íntegra dos asuntos incluídos na orde do día que deban servir de base para o debate e, de ser o caso, votación, na Secretaría do Concello, aparte da súa posta a disposición a través da sede electrónica municipal ou da súa remisión por medios dixitais.

____________________

Documento asinado dixitalmente pola alcaldesa, María Nogareda Marzoa, e a secretaria do concello, María del Carmen Seoane Bouzas, o 08 de febreiro do 2023.


Xustificantes de Publicación: