Sede electrónica Concello de Sada

13:59:43 Martes 13 de maio 2025

Información

Secretaría

16/02/2023

Convocatoria da sesión plenaria ordinaria do 23 de febreiro do 2023 (02/2023-P)

EXP: 2023/G010/000003

Expte. núm. 2023/G010/000003

Sesión núm. 02/2023-Pleno


 

DECRETO DA ALCALDÍA DA CONVOCATORIA DO PLENO

De conformidade co establecido no artigo 46, apartados 2 e 3 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e nos artigos 78 e 80 do real decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,

RESOLVO

PRIMEIRO.- Convocar sesión do Pleno do Concello nas data e hora que se indican en primeira convocatoria, e corenta e oito horas máis tarde en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:

Sesión de: Pleno Data da sesión: 23 de febreiro do 2023

Convocatoria: Ordinaria Hora: 20.00

Lugar: Salón dos plenos da casa do concello

ORDE DO DÍA

1º.- Aprobación das actas (sesións núms. 18/2022 e 01/2023).

2º.- Dación de conta de non adscritos.

3º.- Restablecemento do equilibrio económico por peche da piscina municipal durante o período 14.01.2021-31.12.2021.

4º.- Modificación da ordenanza fiscal núm. 9, reguladora da taxa por licenzas de apertura de establecementos.

5º.- Modificación da ordenanza fiscal núm. 8, reguladora da taxa por licenzas urbanísticas.

6º.- Control da actividade dos restantes órganos da Corporación.

A. Decretos e resolucións da Alcaldía ditados dende o 23 de xaneiro do 2023 (núm. 126) ata o 14 de febreiro do 2023 (núm. 298).

B. Mocións.

C. Rogos e preguntas.

SEGUNDO: Dar traslado da presente Resolución aos sres. concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles de que, conforme co disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86 do 28 de novembro, deberán comunicar con antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir á citada sesión.

TERCEIRO: Que se poña a disposición dos concelleiros a documentación íntegra dos asuntos incluídos na orde do día que deban servir de base para o debate e, de ser o caso, votación, na Secretaría do Concello, aparte da súa posta a disposición a través da sede electrónica municipal ou da súa remisión por medios dixitais.

____________________

Documento asinado dixitalmente pola alcaldesa, María Nogareda Marzoa, e pola secretaria do Concello, María del Carmen Seoane Bouzas, o 16 de febreiro do 2023.


Xustificantes de Publicación: