Sede electrónica Concello de Sada

13:24:08 Martes 13 de maio 2025

Información

Servizos económicos

08/03/2023

Modificación ordenanza fiscal núm 8, reguladora da taxa por licenzas urbanísticas

EXP: 2023/G016/000001

EXP: 2023/G016/000001

O Pleno do Concello de Sada, en sesión celebrada o pasado 23 de febreiro de 2023, acordou a aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora da taxa por licenzas urbanísticas.

En aplicación das previsións contidas no artigo 17 do R.D. Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o expediente exponse ao público durante trinta días a contar dende a publicación de anuncio no BOP, prensa diaria e taboleiro de anuncios da Corporación. O dito prazo comenzará a contar dende a última das publicacións realizadas. Dentro dese período os interesados poderán examinar o expediente nas dependencias municipais e presentar as reclamacións que estimen oportunas.

Transcorrido dito prazo sen se presentar reclamacións, o acordo considerarase definitivamente aprobado, procedéndose á publicación íntegra do seu texto. En caso contrario a Corporación deberá resolver as reclamacións presentadas aprobando a redacción definitiva da modificación.

 


Xustificantes de Publicación: