Sede electrónica Concello de Sada

04:20:20 Sábado 11 de maio 2024

Información

Servizos económicos

08/03/2023

Modificación de ordenanza fiscal núm. 9 Reguladora da taxa por licenzas de apertura de establecement

EXP: 2023/G016/000002

EXP: 2023/G016/000002

O Pleno do Concello de Sada, en sesión celebrada o pasado 23 de febreiro de 2023, acordou a aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora da taxa por licenza de apertura de establecementos.

En aplicación das previsións contidas no artigo 17 do R.D. Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o expediente exponse ao público durante trinta días a contar dende a publicación de anuncio no BOP, prensa diaria e taboleiro de anuncios da Corporación. O prazo comenzará a contar dende a última das publicacións realizadas. Dentro dese período os interesados poderán examinar o expediente nas dependencias municipais e presentar as reclamacións que estimen oportunas.

Transcorrido o dito prazo sen se presentar reclamacións o acordo considerarase definitivamente aprobado, procedéndose á publicación íntegra do seu texto. En caso contrario a Corporación deberá resolver as reclamacións presentadas aprobando a redacción definitiva da modificación.


Xustificantes de Publicación: