Convocatoria da sesión plenaria ordinaria do 27 de abril do 2023 (05/2023-P).
EXP: 2023/G010/000005
Sesión núm. 05/2023-Pleno
DECRETO DA ALCALDÍA DA CONVOCATORIA DO PLENO
De conformidade co establecido no artigo 46, apartados 2 e 3 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e nos artigos 78 e 80 do real decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,
RESOLVO
PRIMEIRO.- Convocar sesión do Pleno do Concello nas data e hora que se indican en primeira convocatoria, e corenta e oito horas máis tarde en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:
Sesión de: Pleno Data da sesión: 27 de abril do 2023
Convocatoria: Ordinaria Hora: 20.00
Lugar: Salón dos plenos da casa do concello
ORDE DO DÍA
1º.- Dación de conta de concelleiro non adscrito e composición das comisións informativas permanentes.
2º.- Modificación de crédito 09/23, crédito extraordinario 01/23: centro deportivo municipal.
3º.- Modificación do posto de traballo co código da RPT 090002, denominado TAX de Urbanismo, Medio Ambiente e Policía Urbana.
4º.- Resolución do recurso de reposición presentado pola concelleira Laura Rodríguez Pena contra acordos do Pleno da Corporación adoptados o 29 de decembro do 2022.
5º.- Aprobación do proxecto técnico corrixido denominado Campo de fútbol de céspede artificial no recinto deportivo municipal de Carnoedo, incluído no POS+ 2023.
6º.- Aprobación do proxecto técnico emendado da obra incluída no POS+ 2023 de Substitución de redes principais e as súas acometidas, instalación de novos servizos e pavimentacións na praciña da Mariña, na rúa de Oriente e na rúa do Sol, en Sada (A Coruña).- Complementario.
7º.- Control da actividade dos restantes órganos da Corporación.
A. Decretos e resolucións da Alcaldía ditados dende o 27 de marzo do 2023 (núm. 555) ata o 21 de abril do 2023 (núm. 732).
B. Mocións.
C. Rogos e preguntas.
SEGUNDO: Dar traslado da presente Resolución aos sres. concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles de que, conforme co disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86 do 28 de novembro, deberán comunicar con antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir á citada sesión.
TERCEIRO: Que se poña a disposición dos concelleiros a documentación íntegra dos asuntos incluídos na orde do día que deban servir de base para o debate e, de ser o caso, votación, na Secretaría do Concello, aparte da súa posta a disposición a través da sede electrónica municipal ou da súa remisión por medios dixitais.
____________________
O documento orixinal foi asinado dixitalmente pola alcaldesa, María Nogareda Marzoa, e pola secretaria do Concello, María del Carmen Seoane Bouzas, o 24 de abril do 2023.