Convocatoria da sesión plenaria extraordinaria e urxente do 04 de maio do 2023 (06/2023-P)
EXP: 2023/G010/000006
Sesión núm. 06/2023-Pleno
DECRETO DA ALCALDÍA DA CONVOCATORIA DO PLENO
De conformidade co establecido no artigo 46, apartados 2 e 3 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e nos artigos 78 e 80 do real decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,
RESOLVO
PRIMEIRO.- Convocar sesión do Pleno do Concello nas data e hora que se indican en primeira convocatoria, e corenta e oito horas máis tarde en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:
Sesión de: Pleno Data da sesión: 04 de maio do 2023
Convocatoria: Extraordinaria e urxente Hora: 20.00
Lugar: Salón dos plenos da casa do concello
ORDE DO DÍA
1º.- Aprobación da urxencia da sesión.
2º.- Aprobación do expediente de contratación por procedemento restrinxido da Concesión do servizo de xestión da piscina municipal e o centro deportivo onde se sitúa.
SEGUNDO: Dar traslado desta Resolución aos sres. concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles de que, conforme co disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86 do 28 de novembro, deberán comunicar con antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir á citada sesión.
TERCEIRO: Que se poña a disposición dos concelleiros a documentación íntegra dos asuntos incluídos na orde do día que deban servir de base para o debate e, de ser o caso, votación, na Secretaría do Concello, aparte da súa posta a disposición a través da sede electrónica municipal ou da súa remisión por medios dixitais.
____________________
O documento orixinal foi asinado dixitalmente pola alcaldesa, María Nogareda Marzoa, e pola secretaria do Concello, María del Carmen Seoane Bouzas, o 02 de maio do 2023.