Convocatoria da sesión plenaria ordinaria do 28 de setembro do 2023 (14/2023-P).
EXP: 2023/G010/000014
Sesión núm. 14/2023-Pleno
DECRETO DA ALCALDÍA DA CONVOCATORIA DO PLENO
De conformidade co establecido no artigo 46, apartados 2 e 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e nos artigos 78 e 80 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,
RESOLVO
PRIMEIRO.- Convocar a sesión do Pleno do Concello para as data, hora e lugar que a continuación se indican, coa seguinte Orde do Día:
Sesión de: Pleno Data da sesión: 28 de setembro do 2023
Convocatoria: Ordinaria Hora: 20.00
Lugar: Salón dos plenos da Casa do concello
ORDE DO DÍA
1º.- Aprobación das actas (sesión núm. 13/2013).
2º.- POS+2023 POS+Adicional 2/2023: Gasto corrente.
3º.- Modificación de crédito 34/23. Suplemento de crédito 01/23.
4º.- Plan estratéxico de subvencións 2023-2025. Aprobación do Plan estratéxico de subvencións 2023.
5º.- Control da actividade dos restantes órganos da Corporación.
A. Decretos e resolucións da Alcaldía ditados dende o 28 de agosto do 2023 (núm. 1646) ata o 22 de setembro do 2023 (núm. 1804).
B. Mocións.
C. Rogos e preguntas.
SEGUNDO: Dar traslado desta Resolución aos sres. concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles de que, conforme co disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86 do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir á citada sesión.
TERCEIRO: Que se poña a disposición dos concelleiros a documentación íntegra dos asuntos incluídos na Orde do Día que deban servir de base para o debate e, de ser o caso, votación, na Secretaría do Concello, aparte da súa posta a disposición a través da sede electrónica municipal ou da súa remisión por medios dixitais.
____________________
Documento asinado dixitalmente polo alcalde, Óscar Benito Portela Fernández, e polo secretario acctal. do Concello, Juan Esteban Méndez leiva, o 25 de setembro do 2023.