Sede electrónica Concello de Sada

14:45:20 Sábado 27 de xullo 2024

Información

Secretaría

28/09/2023

Establecemento das retribucións dos membros da Corporación

EXP: 2023/X999/000522

EDICTO

O Concello Pleno na súa sesión extraordinaria e urxente do 11 de xullo do 2023 adoptou, entre outros, o acordo que a continuación se transcribe literalmente na súa parte dispositiva:

«4º.- Establecemento das retribucións dos membros da Corporación.

PRIMEIRO.- Establecer o exercicio do cargo de Alcalde en réxime de dedicación exclusiva, fixando a retribución por tal concepto na suma de 36.000 euros anuais (coas actualizacións anuais na porcentaxe que sexa de aplicación para os funcionarios), a percibir en catorce pagas, doce mensuais e as dúas restantes correspondentes aos meses de xuño e decembro. O horario laboral será o coincidente co do persoal de oficina.

SEGUNDO.- Establecer o exercicio das Concellerías delegadas da área de Deporte, Educación e Xuventude, da área de Cultura e Normalización Lingüística, da área de Facenda, Seguridade Cidadá e Persoal, da área Obras e Servizos e Medio Ambiente, do servizo de Benestar Social e Igualdade e Emprego e dos servizos de Promoción Económica, Turismo e Participación Cidadá en réxime de dedicación exclusiva, fixando a retribución por tal concepto na suma de 31.000 euros anuais (coas actualizacións anuais na porcentaxe que sexa de aplicación para os funcionarios), a percibir en catorce pagas, doce mensuais e as dúas restantes correspondentes aos meses de xuño e decembro. O horario laboral será o coincidente co do persoal de oficina.

TERCEIRO.- Que se publique o presente acordo no Boletín Oficial da Provincia e no Taboleiro de Anuncios da Corporación e páxina web do Concello, para que sexan de xeral coñecemento».

Sada, o 28 de setembro do 2023

O alcalde, Óscar Benito Portela Fernández


Xustificantes de Publicación: