Sede electrónica Concello de Sada

06:19:41 Martes 16 de xullo 2024

Información

Secretaría

08/11/2023

Convocatoria da sesión Plenaria extraordinaria do 20 de novembro do 2023 (16/2023-P) (concelleiros)

EXP: 2023/G010/000016

Sesión núm. 16/2023

DECRETO DA ALCALDÍA DA CONVOCATORIA DO PLENO

Logo de ver o artigo 22 da Ordenanza de administración electrónica do concello de Sada,(aprobación definitiva BOP do 2023-09-19), no que se esixe relacionarse electronicamente aos cargos corporativos, se ben a solicitude presentada non reúne os ditos requisitos en dúas das sinaturas, que aparecen manuscritas, co obxecto de non demorar o exercicio do dereito á celebración do Pleno, mentres se tramita pola propia administración a sinatura co certificado electrónico corporativo (Camerfirma).

Por así telo solicitado cinco concelleiros (2 UPSA, 2 PP e 1 GM-PSOE ind.) o 03 de novembro do 2023, de conformidade co establecido nos artigos 46, apartado 2, da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, 38 e ss do Regulamento orgánico municipal (ROM) e 78 e 80 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,

RESOLVO

PRIMEIRO.- Convocar a sesión do Pleno do Concello a celebrar nas data e hora que se indican en primeira convocatoria e corenta e oito horas máis tarde en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:

Sesión de: Pleno Data da sesión: 20 de novembro do 2023

Convocatoria: Extraordinaria Hora: 20.00

Lugar: Salón dos Plenos da Casa do Concello

ORDE DO DÍA

1º.- Debate sobre a situación actual de seguridade cidadá e vial no concello de Sada.

2º.- Creación da Comisión informativa de seguridade cidadá.

SEGUNDO: Dar traslado desta Resolución aos sres. concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles de que, conforme co disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86 do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir á citada sesión.

TERCEIRO: Que se poña a disposición dos concelleiros a documentación íntegra dos asuntos incluídos na Orde do Día que deban servir de base para o debate e, de ser o caso, votación, na Secretaría do Concello, aparte da súa posta a disposición a través da sede electrónica municipal ou da súa remisión por medios dixitais.

____________________

Documento asinado dixitalmente polo alcalde, Óscar Benito Portela Fernández, e a secretaria do concello, María del Carmen Seoane Bouzas, o 08 de novembro do 2023.


Xustificantes de Publicación: