Sede electrónica Concello de Sada

01:56:32 Domingo 1 de setembro 2024

Información

Secretaría

22/12/2023

Convocatoria da sesión plenaria ordinaria do 28 de decembro do 2023 (18/2023-P)

EXP: 2023/G010/000018

Sesión núm. 18/2023-Pleno

DECRETO DA ALCALDÍA DA CONVOCATORIA DO PLENO

De conformidade co establecido no artigo 46, apartados 2 e 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e nos artigos 78 e 80 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,

RESOLVO

PRIMEIRO.- Convocar a sesión do Pleno do Concello para as data, hora e lugar que a continuación se indican, coa seguinte Orde do Día:

Sesión de: Pleno Data da sesión: 28 de decembro do 2023

Convocatoria: Ordinaria Hora: 20.00

Lugar: Salón dos plenos da Casa do concello

ORDE DO DÍA

1º.- Aprobación das actas (sesión núm. 17/2023).

2º.- Solicitar para o posto da Garda Civil de Sada a categoría de Posto Principal.

3º.- Modificación do posto de traballo código da RPT: 090002 denominado TAX Urbanismo, Medio Ambiente e Policía Urbana.

4º.- Expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos 3P/2023.

5º.- Aprobación Conta xeral do Concello de Sada correspondente ao exercicio 2022

6º.- Control da actividade dos restantes órganos da Corporación.

A. Decretos e resolucións da Alcaldía ditados dende o 27 de novembro do 2023 (núm. 2220) ata o 21 de decembro do 2023 (núm. 2380).

B. Mocións.

C. Rogos e preguntas.

SEGUNDO: Dar traslado desta Resolución aos sres. concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles de que, conforme co disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86 do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir á citada sesión.

TERCEIRO: Que se poña a disposición dos concelleiros a documentación íntegra dos asuntos incluídos na Orde do Día que deban servir de base para o debate e, de ser o caso, votación, na Secretaría do Concello, aparte da súa posta a disposición a través da sede electrónica municipal ou da súa remisión por medios dixitais.

____________________

Documento asinado dixitalmente polo alcalde, Óscar Benito Portela Fernández, e pola secretaria do Concello, María del Carmen Seoane Bouzas, o 22 de decembro do 2023.


Xustificantes de Publicación: