Sede electrónica Concello de Sada

11:01:06 Martes 16 de xullo 2024

Información

Secretaría

22/01/2024

Convocatoria da sesión plenaria ordinaria do 25 de xaneiro do 2024 (02/2024-P).

EXP: 2024/G010/000002

Sesión núm. 02/2024-Pleno

DECRETO DA ALCALDÍA DA CONVOCATORIA DO PLENO

De conformidade co establecido no artigo 46, apartados 2 e 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e nos artigos 78 e 80 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,

RESOLVO

PRIMEIRO.- Convocar sesión do Pleno do Concello para as data, hora e lugar que se indican en primeira convocatoria, e corenta e oito horas máis tarde en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

Sesión de: Pleno Data da sesión: 25 de xaneiro do 2023

Convocatoria: Ordinaria Hora: 20.00

Lugar: Salón dos plenos da casa do concello

ORDE DO DÍA

1º.- Aprobación das actas (sesión núm. 18/2023).

2º.- Adhesión ao Sistema VioGén.

3º.- Control da actividade dos restantes órganos da Corporación.

A. Decretos e resolucións da Alcaldía ditados dende o 22 de decembro do 2023 (núm. 2381) ata o 19 de xaneiro do 2024 (núm. 97).

B. Mocións.

C. Rogos e preguntas.

SEGUNDO.- Dar traslado desta Resolución aos sres. concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles que, conforme co disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a súa imposibilidade de asistir á citada sesión.

TERCEIRO.- Que se poña a disposición dos concelleiros a documentación íntegra dos asuntos incluídos na orde do día que deban servir de base para o debate e, de ser o caso, votación, na Secretaría do Concello, aparte da súa posta a disposición a través da sede electrónica municipal ou da súa remisión por medios dixitais.

____________________

Documento asinado dixitalmente polo alcalde, Óscar Benito Portela Fernández, e pola secretaria do Concello, María del Carmen Seoane Bouzas, o 22 de xaneiro do 2024.


Xustificantes de Publicación: