Sede electrónica Concello de Sada

10:41:47 Martes 16 de xullo 2024

Información

Secretaría

14/02/2024

Convocatoria da sesión Plenaria extraordinaria do 19 de febreiro do 2024 (04/2024-P).

EXP: 2024/G010/000004

Sesión núm. 04/2024-Pleno

DECRETO DA ALCALDÍA DA CONVOCATORIA DO PLENO

De conformidade co establecido no artigo 46, apartados 2 e 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e nos artigos 78 e 80 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,

RESOLVO

PRIMEIRO.- Convocar sesión do Pleno do Concello para as data, hora e lugar que se indican en primeira convocatoria, e corenta e oito horas máis tarde en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

Sesión de: Pleno Data da sesión: 19 de febreiro do 2024

Convocatoria: Extraordinaria Hora: 20.00

Lugar: Salón dos plenos da casa do concello

ORDE DO DÍA

Único.- Orzamento xeral exercicio 2024.

SEGUNDO.- Dar traslado desta Resolución aos sres. concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles que, conforme co disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a súa imposibilidade de asistir á citada sesión.

TERCEIRO.- Que se poña a disposición dos concelleiros a documentación íntegra dos asuntos incluídos na orde do día que deban servir de base para o debate e, de ser o caso, votación, na Secretaría do Concello, aparte da súa posta a disposición a través da sede electrónica municipal ou da súa remisión por medios dixitais.

____________________

Documento asinado dixitalmente polo alcalde, Óscar Benito Portela Fernández, e polo secretario acctal. do Concello, Juan Esteban Méndez Leiva, o 14 de febreiro do 2024.


Xustificantes de Publicación: