Convocatoria da sesión Plenaria ordinaria do 29 de febreiro do 2024 (05/2024-P)
EXP: 2024/G010/000005
Sesión núm. 05/2024-Pleno
DECRETO DA ALCALDÍA DA CONVOCATORIA DO PLENO
De conformidade co establecido no artigo 46, apartados 2 e 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e nos artigos 78 e 80 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,
RESOLVO
PRIMEIRO.- Convocar sesión do Pleno do Concello para as data, hora e lugar que se indican en primeira convocatoria, e corenta e oito horas máis tarde en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
Sesión de: Pleno Data da sesión: 29 de febreiro do 2024
Convocatoria: Ordinaria Hora: 20.00
Lugar: Salón dos plenos da casa do concello
ORDE DO DÍA
1º.- Aprobación das actas (sesións núms. 01, 02, 03 e 04/2024).
2º.- Orzamento xeral exercicio 2024.
3º.- Recoñecemento extraxudicial de créditos 1P/2024.
4º.- Liquidacións anuais do contrato dos servizos de auga e depuración dos anos 2014, 2015, 2016 e 2018.
5º.- Control da actividade dos restantes órganos da Corporación.
A. Decretos e resolucións da Alcaldía ditados dende o 22 de xaneiro (núm. 98) ata o 23 de febreiro do 2024 (núm. 344).
B. Mocións.
C. Rogos e preguntas.
SEGUNDO.- Dar traslado desta Resolución aos sres. concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles que, conforme co disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a súa imposibilidade de asistir á citada sesión.
TERCEIRO.- Que se poña a disposición dos concelleiros a documentación íntegra dos asuntos incluídos na orde do día que deban servir de base para o debate e, de ser o caso, votación, na Secretaría do Concello, aparte da súa posta a disposición a través da sede electrónica municipal ou da súa remisión por medios dixitais.
____________________
Documento asinado dixitalmente polo alcalde, Óscar Benito Portela Fernández, e pola secretaria do Concello, María del Carmen Seoane Bouzas, o 26 de febreiro do 2024.