Sede electrónica Concello de Sada

11:15:44 Domingo 19 de maio 2024

Información

Servizos económicos

05/04/2024

Exposición ao público do padrón fiscal do IVTM exercicio 2024

EXP: 2024/X999/000192

O Concello de Sada delegou na Deputación Provincial da Coruña as facultades que a lei lles atribúe en materia de xestión tributaria e recadadora relativas ao imposto de vehículos de tracción mecánica, de conformidade co disposto no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo. O Padrón fiscal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do exercicio 2024, aprobouse por resolución número 11524, de 20 de marzo de 2024, da Presidencia da Deputación Provincial da Coruña, na que se contén a relación de suxeitos pasivos, características e matrícula dos vehículos de que son titulares e cota a satisfacer, en cada caso, de acordo coa Ordenanza fiscal aprobada. O devandito padrón fiscal está exposto ao público na Deputación provincial (rúa Archer Milton Huntington, 24, 15071 A Coruña), onde poderá ser examinado polos interesados, desde o día 5 de abril ao 16 de maio de 2024, ambos os dous inclusive. As consultas poderán realizarse a través do correo electrónico atención.tributaria@dacoruna.gal ou chamando ao teléfono gratuíto 900132204.


Xustificantes de Publicación: