Sede electrónica Concello de Sada

19:00:34 Mércores 14 de agosto 2024

Información

Secretaría

02/05/2024

Convocatoria e c.e. da sesión Plenaria extraordinaria do 13 de maio do 2024 (08/2024-P).

EXP: 2024/G010/000008

Sesión núm. 08/2024-Pleno

DECRETO DA ALCALDÍA DA CONVOCATORIA DO PLENO

De conformidade co establecido no artigo 46.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e nos artigos 78 e 80 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais, en relación tamén co artigo 26 da Lei 5/1985, Orgánica do Réxime Electoral Xeral,

RESOLVO

PRIMEIRO.- Convocar sesión do Pleno do Concello para as data, hora e lugar que se indican en primeira convocatoria, e corenta e oito horas máis tarde en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

Sesión de: Pleno Data da sesión: 13 de maio do 2024

Convocatoria: Extraordinaria Hora: 09.00

Lugar: Salón dos plenos da Casa do concello

ORDE DO DÍA

Único.- Sorteo dos membros das Mesas electorais para as eleccións de deputados e deputadas ao Parlamento Europeo do 09 de xuño do 2024.

SEGUNDO.- Dar traslado desta Resolución aos sres. concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles que, conforme co disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a súa imposibilidade de asistir á citada sesión.

TERCEIRO.- Que se poña a disposición dos concelleiros a documentación íntegra dos asuntos incluídos na orde do día que deban servir de base para o debate e, de ser o caso, votación, na Secretaría do Concello, aparte da súa posta a disposición a través da sede electrónica municipal ou da súa remisión por medios dixitais.

____________________

Documento asinado dixitalmente polo alcalde, Óscar Benito Portela Fernández, e pola secretaria do Concello, María del Carmen Seoane Bouzas, o 29 de abril do 2024 (c.e. do 30 de abril).


Xustificantes de Publicación: