Sede electrónica Concello de Sada

20:14:15 Sábado 5 de outubro 2024

Información

Servizos económicos

26/08/2024

Anuncio cobranza recibos IAE 2024 recadados pola AEAT relativos ás cotas nacionais e provinciais

EXP: 2024/X999/000555

ANUNCIO DE COBRANZA RELATIVO AOS RECIBOS DO I.A.E. 2024

Comunícase, en relación cos recibos do Imposto sobre Actividades Económicas correspondentes a 2024, e cando se trate de cotas nacionais e provinciais, cuxa xestión recadatoria corresponde á Administración Tributaria do Estado, o seguinte:

PRAZO PARA EFECTUAR O INGRESO

Do 16 de setembro ata o 20 de novembro de 2024 (Resolución de 31-5-2024 do Departamento de Recadación da Axencia Estatal de Administración Tributaria).

LUGAR DE PAGO

- Cotas nacionais

A través das Entidades colaboradoras (Bancos, Caixas de Aforro e Cooperativas de crédito) nas que non é preciso que o obrigado ao pago dispoña de conta aberta.

- Cotas provinciais

A través das Entidades colaboradoras (Bancos, Caixas de Aforro e Cooperativas de crédito) nas que non é preciso que o obrigado ao pago dispoña de conta aberta.

Os ingresos poderanse efectuar no horario de atención ao público das devanditas Entidades.

 

Asemade, o pago de cotas nacionais e provinciais poderá ser realizado mediante adeudo en conta, a través de Internet, na dirección https://sede.agenciaributaria.gob.es, na opción Pagar aprazar e consultar débedas. Para realizar o pago a través de Internet é necesario dispoñer dun sistema de firma electrónica dos admitidos pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

 

O vencemento do prazo de ingreso en período voluntario, sen ser satisfeita a débeda, determinará o inicio do período executivo e o pagamento dos intereses de demora e das recargas a que se refiren os artigos 26 e 28 da Lei Xeral Tributaria.

Sada, 26 de agosto 2024

O alcalde

Oscar Benito Fernández Portela


Xustificantes de Publicación: