Sede electrónica Concello de Sada

04:19:49 Luns 25 de novembro 2024

Información

Secretaría

26/08/2024

Convocatoria da sesión Plenaria ordinaria do 29 de agosto do 2024 (13/2024-P)

EXP: 2024/G010/000013

Sesión núm. 13/2024-Pleno

DECRETO DA ALCALDÍA DA CONVOCATORIA DO PLENO

De conformidade co establecido no artigo 46, apartados 2 e 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e nos artigos 78 e 80 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,

RESOLVO

PRIMEIRO.- Convocar sesión do Pleno do Concello para as data, hora e lugar que se indican en primeira convocatoria, e corenta e oito horas máis tarde en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

Sesión de: Pleno Data da sesión: 29 de agosto do 2024

Convocatoria: Ordinaria Hora: 20.00

Lugar: Salón dos plenos da Casa do concello

ORDE DO DÍA

1º.- Aprobación das actas (sesión núm. 11/2024; c.e. núm. 08/2024).

2º.- Festas locais 2025.

3º.- Resolución dos recursos de reposición contra o acordo plenario do 27.06.2024, de acceso ás parcelas incluídas no APD-D1.7, Ampliación do colexio Sada y sus contornos.

4º.- Inclusión dun camiño en Mosteirón ao inventario de bens inmobles do concello.

5º.- Control da actividade dos restantes órganos da Corporación.

A. Decretos e resolucións da Alcaldía ditados dende o 18 de xullo (núm. 1384) ata o 23 de agosto do 2024 (núm. 1601).

B. Mocións.

C. Rogos e preguntas.

SEGUNDO.- Dar traslado desta Resolución aos sres. concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles que, conforme co disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a súa imposibilidade de asistir á citada sesión.

TERCEIRO.- Que se poña a disposición dos concelleiros a documentación íntegra dos asuntos incluídos na orde do día que deban servir de base para o debate e, de ser o caso, votación, na Secretaría do Concello, aparte da súa posta a disposición a través da sede electrónica municipal ou da súa remisión por medios dixitais.

____________________

Documento asinado dixitalmente polo alcalde, Óscar Benito Portela Fernández, e pola secretaria do Concello, María del Carmen Seoane Bouzas, o 26 de agosto do 2024.


Xustificantes de Publicación: