Sede electrónica Concello de Sada

09:48:52 Mércores 4 de decembro 2024

Información

Secretaría

16/10/2024

Convocatoria de eleccións para os cargos de xuíz de paz titular e substituto (2024/P002/000051)

EXP: 2024/P002/000051

EDICTO

Convocatoria de eleccións para os cargos de xuíz de paz titular e substituto (expediente 2024/P002/000051)

Faise público para xeral coñecemento que por resolución do día 15/10/2024 e de conformidade co establecido na Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial, convócanse eleccións para os cargos de Xuíz de Paz titular e substituto do Municipio de Sada.

Requisitos dos candidatos: Ser español, ser maior de idade e non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade establecidas no artigo 303 da Lei Orgánica do Poder Xudicial.

Presentación de candidaturas: Os interesados en optar aos cargos anteditos deberán presentar as súas solicitudes no rexistro xeral do Concello, no prazo de quince días hábiles a partir da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia.

Documentos que se achegarán á solicitude:

  • Certificación de nacemento ou fotocopia autenticada no D.N.I.

  • Certificación do Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria de non estar inculpado ou procesado, conforme á Lei 68/1980.

  • Certificado médico de non padecer doenza que incapacite para o exercicio do cargo de xuíz de paz.

  • Declaración xurada de non estar incurso en causas de incapacidade para exercer o cargo.

  • Xustificación dos méritos que se aleguen, de ser o caso.

Sada, 16 de outubro do 2024

O ALCALDE,

Óscar Benito Portela Fernández


Xustificantes de Publicación: