Sede electrónica Concello de Sada

09:29:51 Mércores 4 de decembro 2024

Información

Secretaría

25/10/2024

Convocatoria da sesión Plenaria ordinaria do 30 de outubro do 2024 (16/2024-P).

EXP: 2024/G010/000016

Sesión núm. 16/2024-Pleno

DECRETO DA ALCALDÍA DA CONVOCATORIA DO PLENO

De conformidade co establecido no artigo 46, apartados 2 e 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e nos artigos 78 e 80 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, así como en execución do disposto no art. 40.2 do ROM e do acordado para os efectos no punto 5º da sesión extraordinaria e urxente (de organización) celebrada polo Pleno do concello o día 11 de xullo do 2023, co obxecto de que a sesión non cadre cos actos programados para o día 31 de outubro,

RESOLVO

PRIMEIRO.- Convocar sesión do Pleno do Concello para as data, hora e lugar que se indican en primeira convocatoria, e corenta e oito horas máis tarde en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

Sesión de: Pleno Data da sesión: 30 de outubro do 2024

Convocatoria: Ordinaria Hora: 20.00

Lugar: Salón dos plenos da Casa do concello

ORDE DO DÍA

1º.- Aprobación das actas (sesión núm. 15/2024).

2º.- Regulamento de medidas para a inclusión social.

3º.- Actualización das tarifas de autotaxi para o ano 2025.

4º.- Subvencións de concorrencia competitiva para ANPAS dos centros escolares municipais 2024.

5º.- Convocatoria de axudas económicas aos desprazamentos co fin escolar. Curso 2024-2025.

6º.- Subvencións dirixidas ás entidades sen ánimo de lucro do Concello de Sada para organización de actividades culturais.

7º.- Subvencións dirixidas ás entidades sen ánimo de lucro do Concello de Sada para organización de festas patronais.

8º.- Control da actividade dos restantes órganos da Corporación.

A. Decretos e resolucións da Alcaldía ditados dende o 23 de setembro (núm. 1766) ata o 24 de outubro do 2024 (núm. 1969).

B. Mocións.

C. Rogos e preguntas.

SEGUNDO.- Dar traslado desta Resolución aos sres. concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles que, conforme co disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a súa imposibilidade de asistir á citada sesión.

TERCEIRO.- Que se poña a disposición dos concelleiros a documentación íntegra dos asuntos incluídos na orde do día que deban servir de base para o debate e, de ser o caso, votación, na Secretaría do Concello, aparte da súa posta a disposición a través da sede electrónica municipal ou da súa remisión por medios dixitais.

____________________

Documento asinado dixitalmente polo alcalde, Óscar Benito Portela Fernández, e polo secretario acctal. do Concello, Juan Esteban Méndez Leiva, o 25 de outubro do 2024.


Xustificantes de Publicación: