Sede electrónica Concello de Sada

18:54:55 Mércores 5 de febreiro 2025

Información

Secretaría

20/12/2024

Convocatoria da sesión Plenaria ordinaria do 26 de decembro do 2024 (20/2024-P)

EXP: 2024/G010/000020

Sesión núm. 20/2024-Pleno

DECRETO DA ALCALDÍA DA CONVOCATORIA DO PLENO

De conformidade co establecido no artigo 46, apartados 2 e 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e nos artigos 78 e 80 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,

RESOLVO

PRIMEIRO.- Convocar sesión do Pleno do Concello para a data, hora e lugar que se indican en primeira convocatoria, e corenta e oito horas máis tarde en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

Sesión de: Pleno Data da sesión: 26 de decembro do 2024

Convocatoria: Ordinaria Hora: 20.00

Lugar: Salón dos plenos da casa do concello

ORDE DO DÍA

1º.- Aprobación das actas (sesións núms. 17, 18 e 19/2024).

2º.- Liquidacións anuais dos contratos de servizos de auga, saneamento e depuración dos anos 2019 e 2020.

3º.- POS+2024 Humanización do parque do Porto. Aprobación emenda proxecto técnico.

4º.- Ordenanza reguladora de Tráfico, mobilidade sostible e estacionamento.

5º.- Elección do xuíz de paz (titular e substituto).

6º.- Debate sobre a situación e evolución do expediente de ampliación do CEIP Sada y sus Contornos desde a aprobación do PXOM.

7º.-Control da actividade dos restantes órganos da Corporación.

A. Decretos e resolucións da Alcaldía ditados dende o 22 de novembro (núm. 2122) ata o 19 de decembro do 2024 (núm. 2302).

B. Mocións.

C. Rogos e preguntas.

SEGUNDO.- Dar traslado desta Resolución aos sres. concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles que, conforme co disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a súa imposibilidade de asistir á citada sesión.

TERCEIRO.- Que se poña a disposición dos concelleiros a documentación íntegra dos asuntos incluídos na orde do día que deban servir de base para o debate e, de ser o caso, votación, na Secretaría do Concello, aparte da súa posta a disposición a través da sede electrónica municipal ou da súa remisión por medios dixitais.

____________________

Documento asinado dixitalmente polo alcalde, Óscar Benito Portela Fernández, e pola secretaria do Concello, María del Carmen Seoane Bouzas, o 20 de decembro do 2024.


Xustificantes de Publicación: