Sede electrónica Concello de Sada

01:40:07 Luns 2 de xuño 2025

Información

Secretaría

06/02/2025

Convocatoria da sesión Plenaria extraordinaria e urxente do 07 de febreiro do 2025 (03/2025-P)

EXP: 2025/G010/000003

Expte. núm. 2025/G010/000003

Sesión núm. 3/2025-Pleno

DECRETO DA ALCALDÍA DA CONVOCATORIA DO PLENO

Segundo o establecido nos artigos 46, apartado 2, da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, 38 e ss do Regulamento orgánico municipal (ROM) e 78 e 80 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,

RESOLVO

PRIMEIRO.- Convocar sesión do Pleno do Concello para a data, hora e lugar que se indican en primeira convocatoria, e corenta e oito horas máis tarde en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

Sesión de: Pleno Data da sesión: 07 de febreiro do 2025

Convocatoria: Extraordinaria e urxente Hora: 08.30

Lugar: Salón dos plenos da casa do concello

ORDE DO DÍA

1º.- Aprobación da urxencia da sesión.

2º.- Expediente de regularización de parcelas: equipamentos deportivos municipais, zona da Agra de Samoedo.

3º.- POS+2025: Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos). Solicitude xeral.

SEGUNDO.- Dar traslado desta Resolución aos sres. concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles que, conforme co disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a súa imposibilidade de asistir á citada sesión.

TERCEIRO.- Que se poña a disposición dos concelleiros a documentación íntegra dos asuntos incluídos na orde do día que deban servir de base para o debate e, de ser o caso, votación, na Secretaría do Concello, aparte da súa posta a disposición a través da sede electrónica municipal ou da súa remisión por medios dixitais.

____________________

Documento asinado dixitalmente polo alcalde, Óscar Benito Portela Fernández, e pola secretaria do Concello, María del Carmen Seoane Bouzas, o 06 de febreiro do 2025.


Xustificantes de Publicación: