Sede electrónica Concello de Sada

00:14:13 Martes 1 de abril 2025

Información

Secretaría

24/03/2025

Convocatoria da sesión plenaria ordinaria do 27 de marzo do 2025 (05/2025-P)

EXP: 2025/G010/000005

Sesión núm. 5/2025-Pleno

DECRETO DA ALCALDÍA DA CONVOCATORIA DO PLENO

De conformidade co establecido no artigo 46, apartados 2 e 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e nos artigos 78 e 80 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,

RESOLVO

PRIMEIRO.- Convocar sesión do Pleno do Concello para as data, hora e lugar que se indican en primeira convocatoria, e corenta e oito horas máis tarde en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

Sesión de: Pleno Data da sesión: 27 de marzo do 2025

Convocatoria: Ordinaria Hora: 20.00

Lugar: Salón dos plenos da Casa do concello

ORDE DO DÍA

1º.- Aprobación das actas (sesións núms. 02 e 04/2025).

2º.- Proposición: Convenio de colaboración para a execución da actuación Melloras estruturais para a redución do risco de inundación da ARPSI fluvial ESO14-CO-120201 Río Maior. Sada (A Coruña), co-financiada pola UE a través do FEDER nun 60%.

3º.- Proposición: Modificación do réxime de asignacións os grupos políticos municipais.

4º.- Control da actividade dos restantes órganos da Corporación.

A. Decretos e resolucións da Alcaldía ditados dende o 21 de febreiro (núm. 353) ata o 20 de marzo do 2025 (núm. 751).

B. Mocións.

C. Rogos e preguntas.

SEGUNDO.- Dar traslado desta Resolución aos sres. concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles que, conforme co disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a súa imposibilidade de asistir á citada sesión.

TERCEIRO.- Que se poña a disposición dos concelleiros a documentación íntegra dos asuntos incluídos na orde do día que deban servir de base para o debate e, de ser o caso, votación, na Secretaría do Concello, aparte da súa posta a disposición a través da sede electrónica municipal ou da súa remisión por medios dixitais.

____________________

Documento asinado dixitalmente polo alcalde, Óscar Benito Portela Fernández, e polo secretario acctal. do Concello, Juan Esteban Méndez Leiva, o 24 de marzo do 2025.


Xustificantes de Publicación: