Convocatoria da sesión plenaria extraordinaria e urxente do 19 de agosto do 2025 (11/2025-P)
EXP: 2025/G010/000011
Sesión núm. 11/2025-Pleno
DECRETO DA ALCALDÍA DA CONVOCATORIA DO PLENO
Segundo o establecido nos artigos 46, apartado 2, da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, 38 e ss do Regulamento orgánico municipal (ROM) e 78 e 80 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, para poder ter publicada a modificación do Plan estratéxico de subvencións antes do Pleno ordinario do mes que andamos,
RESOLVO
PRIMEIRO.- Convocar sesión do Pleno do Concello para a data, hora e lugar que se indican en primeira convocatoria, e corenta e oito horas máis tarde en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
Sesión de: Pleno Data da sesión: 19 de agosto do 2025
Convocatoria: Extraordinaria e urxente Hora: 20.00
Lugar: Salón dos plenos da casa do concello
ORDE DO DÍA
1º.- Aprobación da urxencia da sesión.
2º.- Modificación do Plan estratéxico de subvencións.
SEGUNDO.- Dar traslado desta Resolución aos sres. concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles que, conforme co disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a súa imposibilidade de asistir á citada sesión.
TERCEIRO.- Que se poña a disposición dos concelleiros a documentación íntegra dos asuntos incluídos na orde do día que deban servir de base para o debate e, de ser o caso, votación, na Secretaría do Concello, aparte da súa posta a disposición a través da sede electrónica municipal ou da súa remisión por medios dixitais.
____________________
Documento asinado dixitalmente polo alcalde, Óscar Benito Portela Fernández, e pola secretaria do Concello, María del Carmen Seoane Bouzas, o 18 de agosto do 2025.