Sede electrónica Concello de Sada

00:01:56 Domingo 28 de setembro 2025

Información

Secretaría

22/09/2025

Convocatoria da sesión Plenaria ordinaria do 25 de setembro do 2025 (14/2025-P)

EXP: 2025/G010/000015

Sesión núm. 14/2025-Pleno

DECRETO DA ALCALDÍA DA CONVOCATORIA DO PLENO

De conformidade co establecido no artigo 46, apartados 2 e 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e nos artigos 78 e 80 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,

RESOLVO

PRIMEIRO.- Convocar sesión do Pleno do Concello para as data, hora e lugar que se indican en primeira convocatoria, e corenta e oito horas máis tarde en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

Sesión de: Pleno Data da sesión: 25 de setembro do 2025

Convocatoria: Ordinaria Hora: 20.00

Lugar: Salón dos plenos da Casa do concello

ORDE DO DÍA

1º.- Aprobación das actas (sesións núms. 10, 12 e 13/2025-P).

2º.-Adhesión ao Convenio entre o Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública e a Comunidade Autónoma de Galicia.

3º.- Modificación de crédito 30/25, suplemento de crédito 03/25.

4º.- Bonificación do ICIO da obra na rúa Oriente número 10.

5º.- Control da actividade dos restantes órganos da Corporación.

A. Decretos e resolucións da Alcaldía ditados dende o 25 de agosto ata o 19 de setembro do 2025 (núms. 1598-1714).

B. Mocións.

C. Rogos e preguntas.

SEGUNDO.- Dar traslado desta Resolución aos sres. concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles que, conforme co disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a súa imposibilidade de asistir á citada sesión.

TERCEIRO.- Que se poña a disposición dos concelleiros a documentación íntegra dos asuntos incluídos na orde do día que deban servir de base para o debate e, de ser o caso, votación, na Secretaría do Concello, aparte da súa posta a disposición a través da sede electrónica municipal ou da súa remisión por medios dixitais.

____________________

Documento asinado dixitalmente polo alcalde, Óscar Benito Portela Fernández, e pola secretaria do Concello, María del Carmen Seoane Bouzas, o 22 de setembro do 2025.


Xustificantes de Publicación: