Convocatoria da sesión Plenaria ordinaria do 27 de novembro do 2025 (16/2025-P)
EXP: 2025/G010/000017
Sesión núm. 16/2025-Pleno
DECRETO DA ALCALDÍA DA CONVOCATORIA DO PLENO
De conformidade co establecido no artigo 46, apartados 2 e 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e nos artigos 78 e 80 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,
RESOLVO
PRIMEIRO.- Convocar sesión do Pleno do Concello para as data, hora e lugar que se indican en primeira convocatoria, e corenta e oito horas máis tarde en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
Sesión de: Pleno Data da sesión: 27 de novembro do 2025
Convocatoria: Ordinaria Hora: 20.00
Lugar: Salón dos plenos da Casa do concello
ORDE DO DÍA
1º.- Aprobación das actas (sesión núm. 15/2025-P).
2º.- Modificación de crédito 41/25. Crédito extraordinario 01/25: garantías procedemento PO333/2008 Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 3 (A Coruña).
3º.- Conta Xeral Orzamento 2024.
4º.- Control da actividade dos restantes órganos da Corporación.
A. Decretos e resolucións da Alcaldía ditados dende o 27 de outubro ata o 21 de novembro do 2025 (núms. 1986-2169).
B. Mocións.
C. Rogos e preguntas.
SEGUNDO.- Dar traslado desta Resolución aos sres. concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles que, conforme co disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a súa imposibilidade de asistir á citada sesión.
TERCEIRO.- Que se poña a disposición dos concelleiros a documentación íntegra dos asuntos incluídos na orde do día que deban servir de base para o debate e, de ser o caso, votación, na Secretaría do Concello, aparte da súa posta a disposición a través da sede electrónica municipal ou da súa remisión por medios dixitais.
____________________
Documento asinado dixitalmente polo alcalde, Óscar Benito Portela Fernández, e pola secretaria do Concello, María del Carmen Seoane Bouzas, o 24 de novembro do 2025.