Sede electrónica Concello de Sada

14:37:08 Luns 5 de xaneiro 2026

Información

Secretaría

23/12/2025

Convocatoria da sesión Plenaria ordinaria do 29 de decembro do 2025 (18/2025-P)

EXP: 2025/G010/000019

Sesión núm. 18/2025-Pleno

DECRETO DA ALCALDÍA DA CONVOCATORIA DO PLENO

De conformidade co establecido no artigo 46, apartados 2 e 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e nos artigos 78 e 80 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, e por cadrar o día inicialmente previsto co Nadal, festivo, en aplicación do acordado para os efectos no punto 5º da sesión plenaria de organización, celebrada o o 11 de xullo do 2023,

RESOLVO

PRIMEIRO.- Convocar sesión do Pleno do Concello para as data, hora e lugar que se indican en primeira convocatoria, e corenta e oito horas máis tarde en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

Sesión de: Pleno Data da sesión: 29 de decembro do 2025

Convocatoria: Ordinaria Hora: 20.00

Lugar: Salón dos plenos da Casa do concello

ORDE DO DÍA

1º.- Aprobación das actas (sesión núms. 17/2025-P).

2º.- Delegación na Deputación Provincial de recadación de taxas (entrada vehículos, cemiterio e mesas e cadeiras).

3º.- POS+2026 Adicional 1/2026 gastos sociais extraordinarios.

4º.- Cesión de terreos ao concello de Sada.

5º.- Control da actividade dos restantes órganos da Corporación.

A. Decretos e resolucións da Alcaldía ditados dende o 24 de novembro ata o 22 de decembro do 2025 (núms. 2170-2306).

B. Mocións.

C. Rogos e preguntas.

SEGUNDO.- Dar traslado desta Resolución aos sres. concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles que, conforme co disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a súa imposibilidade de asistir á citada sesión.

TERCEIRO.- Que se poña a disposición dos concelleiros a documentación íntegra dos asuntos incluídos na orde do día que deban servir de base para o debate e, de ser o caso, votación, na Secretaría do Concello, aparte da súa posta a disposición a través da sede electrónica municipal ou da súa remisión por medios dixitais.

____________________

Documento asinado dixitalmente polo alcalde, Óscar Benito Portela Fernández, e pola secretaria do Concello, María del Carmen Seoane Bouzas, o 23 de decembro do 2025.


Xustificantes de Publicación: