Sede electrónica Concello de Sada

18:32:17 Mércores 28 de xaneiro 2026

Información

Secretaría

26/01/2026

Convocatoria de sesión Plenaria ordinaria do 29 de xaneiro do 2026 (01/2026-P)

EXP: 2026/G010/000001

Sesión núm. 01/2026-Pleno

DECRETO DA ALCALDÍA DA CONVOCATORIA DO PLENO

Segundo o establecido nos artigos 46, apartado 2, da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, 38 e ss do Regulamento orgánico municipal (ROM) e 78 e 80 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,

RESOLVO

PRIMEIRO.- Convocar sesión do Pleno do Concello para a data, hora e lugar que se indican en primeira convocatoria, e corenta e oito horas máis tarde en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

Sesión de: Pleno Data da sesión: 29 de xaneiro do 2026

Convocatoria: Ordinaria Hora: 20.00

Lugar: Salón dos plenos da casa do concello

ORDE DO DÍA

1º.- Aprobación das actas (sesións núms. 16 e 18/2025-P).

2º.- Liquidacións anuais dos contratos de servizos de auga, saneamento e depuración dos anos 2021, 2022, 2023 e 2024.

3º.- Rehabilitación da Capela de San Roque (proposición).

4º.- POS+2026 (Plan Único de concellos) (proposición)

5º.- Control da actividade dos restantes órganos da Corporación.

A. Decretos e resolucións da Alcaldía ditados dende o 23 de decembro do 2025 ata o 22 de xaneiro do 2026 (núms. 2.307-2.394/2025 e 1-96/2026).

B. Mocións.

C. Rogos e preguntas.

SEGUNDO.- Dar traslado desta Resolución aos sres. concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles que, conforme co disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a súa imposibilidade de asistir á citada sesión.

TERCEIRO.- Que se poña a disposición dos concelleiros a documentación íntegra dos asuntos incluídos na orde do día que deban servir de base para o debate e, de ser o caso, votación, na Secretaría do Concello, aparte da súa posta a disposición a través da sede electrónica municipal ou da súa remisión por medios dixitais.

____________________

Documento asinado dixitalmente polo alcalde, Óscar Benito Portela Fernández, e pola secretaria do Concello, María del Carmen Seoane Bouzas, o 26 de xaneiro do 2026.


Xustificantes de Publicación: