Convocatoria da sesión Plenaria ordinaria do 26 de febreiro do 2026 (02/2026-P)
EXP: 2026/G010/000002
Sesión núm. 02/2026-Pleno
DECRETO DA ALCALDÍA DA CONVOCATORIA DO PLENO
Segundo o establecido nos artigos 46, apartado 2, da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, 38 e ss do Regulamento orgánico municipal (ROM) e 78 e 80 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,
RESOLVO
PRIMEIRO.- Convocar sesión do Pleno do Concello para a data, hora e lugar que se indican en primeira convocatoria, e corenta e oito horas máis tarde en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
Sesión de: Pleno Data da sesión: 26 de febreiro do 2026
Convocatoria: Ordinaria Hora: 20.00
Lugar: Salón dos plenos da casa do concello
ORDE DO DÍA
1º.- Aprobación das actas (sesión núm. 1/2026-P).
2º.- Expropiación forzosa para obter o solo destinado a sistema xeral educativo 06-02 (PB) no ámbito da APD AR-D1.7. «Ampliación do Colexio Sada y sus Contornos».
3º.- Recoñecemento extraxudicial de créditos 1P/2026.
4º.- Control da actividade dos restantes órganos da Corporación:
A. Decretos e resolucións da Alcaldía ditados dende o 26 de xaneiro ata o 20 de febreiro do 2026 (núms. 97 a 267/2026).
B. Mocións.
C. Rogos e preguntas.
SEGUNDO.- Dar traslado desta Resolución aos sres. concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles que, conforme co disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a súa imposibilidade de asistir á citada sesión.
TERCEIRO.- Que se poña a disposición dos concelleiros a documentación íntegra dos asuntos incluídos na orde do día que deban servir de base para o debate e, de ser o caso, votación, na Secretaría do Concello, aparte da súa posta a disposición a través da sede electrónica municipal ou da súa remisión por medios dixitais.
____________________
Documento asinado dixitalmente polo alcalde, Óscar Benito Portela Fernández, e pola secretaria do Concello, María del Carmen Seoane Bouzas, o 23 de febreiro do 2026.