Trámite de audiencia pola cesión de terreos (expediente 2026/X999/000146)
EXP: 2026/X999/000146
ANUNCIO
O Pleno do Concello de Sada, na sesión ordinaria do 26/02/2026, adoptou, entre outros, o acordo de incluír no inventario municipal de bens varias cesións de terreos.
Exponse o expediente ao público, na Secretaría, durante o prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que poida ser examinado o expediente e os interesados poidan formular cantas alegacións estimen oportunas.
De ser o caso de que se acheguen alegacións, deberán ser resoltas polo Pleno con carácter previo á inclusión no inventario municipal de bens.
Sada, o 27 de febreiro do 2026
O alcalde, Óscar Benito Portela Fernández