Sede electrónica Concello de Sada

21:28:09 Mércores 8 de abril 2026

Información

Secretaría

08/04/2026

Convocatoria de elección para o cargo de xuíz de paz substituto

EXP: 2026/P002/000015

Convocatoria de elección para o cargo de xuíz de paz substituto

EDICTO

Faise público para xeral coñecemento que por resolución do día 07.04.2026 e de conformidade co establecido na Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial, convócase elección para o cargo de Xuíz de Paz substituto do municipio de Sada.

Requisitos dos candidatos: Ser español, ser maior de idade e non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade establecidas no artigo 303 da Lei Orgánica do Poder Xudicial.

Presentación de candidaturas: Os interesados en optar ao cargo antedito deberán presentar as súas solicitudes no rexistro xeral do Concello, no prazo de quince días hábiles a partir da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia.

Documentos que se achegarán á solicitude:

  • Xustificación dos méritos que se aleguen, de ser o caso.

  • Declaración xurada de non estar incurso en causas de incapacidade para exercer o cargo.

  • Certificado médico de non padecer doenza que incapacite para o exercicio do cargo de xuíz de paz.

  • Certificación do Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria de non estar inculpado ou procesado, conforme á Lei 68/1980.

  • Certificación de nacemento ou fotocopia autenticada no D.N.I.

Sada, 8 de abril do 2026

O ALCALDE,

Óscar Benito Portela Fernández


Xustificantes de Publicación: