Apertura prazo 2ª convocatoria p.selectivo, quende de persoas c/discapacidade,aux. addmnvo. OEP 2024
EXP: 2026/E001/000004
Ás solicitudes de participación achegarase a documentación sinalada na base cuarta das Bases Xerais e axustaranse ao modelo que está a disposición na seguinte ligazón: https://www.sada.gal/ga/a-un-click/impresos ou que se lles facilitará nas dependencias municipais.
(nota: de presentarense a instancia electronicamente no modelo referido recoméndase imprimilo en formato .pdf unha vez cumprimentado e antes de asinalo, para que os campos do formulario queden pechados)
O prazo de presentación de solicitudes é o establecido na base cuarta das xerais (vinte -20- días naturais a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE). A cal produciuse o 22-04-2026.
As taxas serán as establecidas na base quinta das xerais para o grupo D: (C/subgrupo C2) 10 euros. A carta de pagamento descargarase seguindo o procedemento que aparece na sede electrónica do Concello de Sada (Oficina Virtual Tributaria), opción: pagamento de taxas/Exp.doc,act,addm e outros dos/dereitos de exame. Indicar como concepto do ingreso: Taxas aux.admv disc 2ª conv. OEP 2024