Sede electrónica Concello de Sada

11:58:22 Venres 1 de maio 2026

Información

Secretaría

27/04/2026

Convocatoria da sesión Plenaria ordinaria do 30 de abril de 2026 (04/2026-P)

EXP: 2026/G010/000004

Sesión núm. 04/2026-Pleno

DECRETO DA ALCALDÍA DE CONVOCATORIA DO PLENO

Segundo o establecido nos artigos 46, apartado 2, da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, 38 e ss do Regulamento orgánico municipal (ROM) e 78 e 80 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,

RESOLVO

PRIMEIRO.- Convocar a sesión que se sinala do Pleno do Concello para a data, hora e lugar que se indican en primeira convocatoria, e corenta e oito horas máis tarde en segunda convocatoria, coa seguinte Orde do día:

Sesión de: Pleno Data da sesión: 30 de abril de 2026

Convocatoria: Ordinaria Hora: 20.00

Lugar: Salón dos Plenos da Casa do Concello

ORDE DO DÍA

1.º Aprobación da acta da sesión anterior (sesión núm. 3/2026-P).

2.º Orzamento municipal exercicio 2026.

3.º Creación da Comisión Informativa Especial de Contratación e Recoñecemento Extraxudicial de Crédito.

4.º Control da actividade dos restantes órganos da Corporación:

A. Decretos e resolucións da Alcaldía ditados dende o 20 de marzo ata o 24 de abril de 2026 (núms. 450 a 707/2026).

B. Mocións.

C. Rogos e preguntas.

SEGUNDO.- Trasladar esta Resolución ás sras. e sres. concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles que, conforme co disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a súa imposibilidade de asistir á citada sesión.

TERCEIRO.- Poñer a disposición das sras. e sres. concelleiros a documentación íntegra dos asuntos incluídos na Orde do día que deban servir de base para o debate e, de ser o caso, votación, na Secretaría do Concello, á parte da súa posta a disposición a través da sede electrónica municipal ou da súa remisión por medios dixitais.

____________________

Documento asinado dixitalmente polo alcalde, Óscar Benito Portela Fernández, e pola secretaria do Concello, María del Carmen Seoane Bouzas, o 27 de abril de 2026


Xustificantes de Publicación: