Convocatoria da sesión Plenaria extraordinaria do 08 de maio de 2026 (05/2026-P)
EXP: 2026/G010/000005
Sesión núm. 05/2026-Pleno
DECRETO DA ALCALDÍA DE CONVOCATORIA DO PLENO
Segundo o establecido nos artigos 46, apartado 2, da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, 38 e ss do Regulamento orgánico municipal (ROM) e 78 e 80 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,
RESOLVO
PRIMEIRO.- Convocar a sesión que se sinala do Pleno do Concello para a data, hora e lugar que se indican en primeira convocatoria, e corenta e oito horas máis tarde en segunda convocatoria, coa seguinte Orde do día:
Sesión de: Pleno Data da sesión: 08 de maio de 2026
Convocatoria: Extraordinaria Hora: 09.00
Lugar: Salón dos Plenos da Casa do Concello
ORDE DO DÍA
Único. Orzamento municipal exercicio 2026.
SEGUNDO.- Trasladar esta Resolución ás sras. e sres. concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles que, conforme co disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a súa imposibilidade de asistir á citada sesión.
TERCEIRO.- Poñer a disposición das sras. e sres. concelleiros a documentación íntegra dos asuntos incluídos na Orde do día que deban servir de base para o debate e, de ser o caso, votación, na Secretaría do Concello, á parte da súa posta a disposición a través da sede electrónica municipal ou da súa remisión por medios dixitais.
____________________
Documento asinado dixitalmente polo alcalde, Óscar Benito Portela Fernández, e pola secretaria do Concello, María del Carmen Seoane Bouzas, o 5 de maio de 2026