Delegación especial da presidencia da Comisión Informativa Especial de Subvencións
EXP: 2026/G012/000012
Esta Alcaldía ditou, mediante o Decreto n.º 1008/2026, do 18 de xuño, a seguinte resolución:
«Por coincidencia cunha reunión en Santiago de Compostela do alcalde, Óscar Benito Portela Fernández, RESOLVO:
Delegar na concelleira María Pilar Taibo Fernández, membro da Comisión Informativa Especial de Subvencións, as funcións de presidencia especificamente para a celebración da sesión ordinaria da dita comisión convocada para as 09.30 horas do 18 de xuño de 2026».
O que se publica segundo o disposto no art. 44.2 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro.
Sada, 29 de xuño de 2026
O alcalde,
Óscar Benito Portela Fernández