Sede electrónica Concello de Sada

08:49:29 Mércores 29 de xullo 2026

Información

Secretaría

27/07/2026

Convocatoria da sesión Plenaria ordinaria do 30 de xullo de 2026 (09/2026-P)

EXP: 2026/G010/000009

Sesión núm. 09/2026-Pleno

DECRETO DA ALCALDÍA DE CONVOCATORIA DO PLENO

Segundo o establecido nos artigos 46, apartado 2, da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, 38 e ss do Regulamento orgánico municipal (ROM) e 78 e 80 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,

RESOLVO

PRIMEIRO. Convocar a sesión que se sinala do Pleno do Concello para a data, hora e lugar que se indican en primeira convocatoria, e corenta e oito horas máis tarde en segunda convocatoria, coa seguinte Orde do día:

Sesión de: Pleno Data da sesión: 30 de xullo de 2026

Convocatoria: Ordinaria Hora: 20.00

Lugar: Salón dos Plenos da Casa do Concello

ORDE DO DÍA

1.º Creación do Regulamento da Escola infantil municipal Flora Ramos “Florita”.

2.º Derrogación do Regulamento de participación cidadá.

3.º Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

4.º Control da actividade dos restantes órganos da Corporación:

A. Decretos e resolucións da Alcaldía ditados dende o 18 de xuño ata o 23 de xullo de 2026 (n.os 1007 a 1245/2026).

B. Mocións.

C. Rogos e preguntas.

SEGUNDO. Trasladar esta Resolución ás concelleiras e concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles que, conforme co disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a súa imposibilidade de asistir á citada sesión.

TERCEIRO. Poñer a disposición das concelleiras e concelleiros a documentación íntegra dos asuntos incluídos na Orde do día que deban servir de base para o debate e, de ser o caso, votación, na Secretaría do Concello, á parte da súa posta a disposición a través da sede electrónica municipal ou da súa remisión por medios dixitais.

____________________

Documento asinado dixitalmente polo alcalde, Óscar Benito Portela Fernández, e polo secretario acctal. do Concello, Juan Esteban Méndez Leiva, o 27 de xullo de 2026


Xustificantes de Publicación: