Convocatoria da sesión Plenaria ordinaria do 27 de agosto de 2026 (10/2026-P)
EXP: 2026/G010/000010
Sesión núm. 10/2026-Pleno
DECRETO DA ALCALDÍA DE CONVOCATORIA DO PLENO
Segundo o establecido nos artigos 46, apartado 2, da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, 38 e ss do Regulamento orgánico municipal (ROM) e 78 e 80 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,
RESOLVO
PRIMEIRO. Convocar a sesión que se sinala do Pleno do Concello para a data, hora e lugar que se indican en primeira convocatoria, e corenta e oito horas máis tarde en segunda convocatoria, coa seguinte Orde do día:
Sesión de: Pleno Data da sesión: 27 de agosto de 2026
Convocatoria: Ordinaria Hora: 20.00
Lugar: Salón dos Plenos da Casa do Concello
ORDE DO DÍA
1.º Aprobación de actas de sesións anteriores (sesións núms. 6 e 7/2026-P)
2.º Modificación do Regulamento de honras e distincións
3,º Festas locais 2027: 9 de febreiro (Martes do Entroido) e 16 de agosto (San Roque)
4.º Regulamento de participación cidadá
5.º Control da actividade dos restantes órganos da Corporación:
A. Decretos e resolucións da Alcaldía ditados dende o 24 de xullo ata o 21 de agosto de 2026 (núms. 1232 a 1363/2026)
B. Mocións
C. Rogos e preguntas
SEGUNDO. Trasladar esta Resolución ás concelleiras e concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles que, conforme co disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a súa imposibilidade de asistir á citada sesión.
TERCEIRO. Poñer a disposición das concelleiras e concelleiros a documentación íntegra dos asuntos incluídos na Orde do día que deban servir de base para o debate e, de ser o caso, votación, na Secretaría do Concello, á parte da súa posta a disposición a través da sede electrónica municipal ou da súa remisión por medios dixitais.
____________________
Documento asinado dixitalmente polo alcalde, Óscar Benito Portela Fernández, e pola secretaria do Concello, María del Carmen Seoane Bouzas, o 24 de agosto de 2026