Sede electrónica Concello de Sada

05:16:23 Martes 22 de setembro 2026

Información

Secretaría

21/09/2026

Convocatoria da esión Plenaria ordinaria do 24 de setembro de 2026 (12/2026-P)

EXP: 2026/G010/000012

Sesión núm. 12/2026-Pleno

DECRETO DA ALCALDÍA DE CONVOCATORIA DO PLENO

Segundo o establecido nos artigos 46, apartado 2, da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, 38 e ss do Regulamento orgánico municipal (ROM) e 78 e 80 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais,

RESOLVO

PRIMEIRO. Convocar a sesión que se sinala do Pleno do Concello para a data, hora e lugar que se indican en primeira convocatoria, e corenta e oito horas máis tarde en segunda convocatoria, coa seguinte Orde do día:

Sesión de: Pleno Data da sesión: 24 de setembro de 2026

Convocatoria: Ordinaria Hora: 20.00

Lugar: Salón dos Plenos da Casa do Concello

ORDE DO DÍA

1º Aprobación de actas de sesións anteriores (sesións n.os 8 e 9/2026-P)

2º Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Sada para a execución da actuación Melloras estruturais para a redución do risco de inundación da ARPSI fluvial ES014-CO-120201 río Maior, Sada

3º Conta xeral orzamento correspondente ao exercicio 2025

4º Proposición: ETX execución de títulos xudiciais 9 /2016, procedemento ordinario 227 /2008 (recorrente: Gervasio Carballo Brasa)

5º Control da actividade dos restantes órganos da Corporación:

A. Decretos e resolucións da Alcaldía ditados dende o 24 de agosto ata o 18 de setembro de 2026 (n.os 1364 a 1496/2026)

B. Mocións

C. Rogos e preguntas

SEGUNDO. Trasladar esta Resolución ás concelleiras e concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles que, conforme co disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a súa imposibilidade de asistir á citada sesión.

TERCEIRO. Poñer a disposición das concelleiras e concelleiros a documentación íntegra dos asuntos incluídos na Orde do día que deban servir de base para o debate e, de ser o caso, votación, na Secretaría do Concello, á parte da súa posta a disposición a través da sede electrónica municipal ou da súa remisión por medios dixitais.


Xustificantes de Publicación: