O procedemento de "rexistro de animais perigosos" pretende regular a identificación e rexistro dos animais considerados potencialmente perigosos, segundo o recollido no Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros de identificación de animais de compañía e potencialmente perigosos e de adestradores e adestradoras de cans.
Calquera persoa física ou xurídica que desexe rexistrar un animal considerado como potencialmente perigoso, ou facer algunha modificación ou comunicación a un rexistro xa feito.
Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderase descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Nome: Rexistro de animais perigosos.
Unidade tramitadora: Urbanismo, Policía Urbana e Medio Ambiente - licenzas.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Órgano de resolución: Alcalde.
Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
Prazo de execución: 3 meses.
Recurso aplicable: Recurso de reposición / Contencioso - administrativo.
Taxas/Impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.