A Solicitude de Licenza de Instalación de Terrazas deberá presentarse para solicitar autorización para a instalación de terrazas ao aire libre ou na vía pública, anexas ao establecemento (art. 41 Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia).
Con anterioridade ao inicio da instalación da terraza, quen exerza a titularidade do establecemento.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos desde esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o devandito impreso/s normalizado/s para presentar.
NOTA: A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.
Nome: Solicitude de Licenza de Instalación de Terrazas.
Unidade tramitadora: Urbanismo, Policía Urban e Medio Ambente - Licenzas.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Carácter do silencio administrativo: Silencio negativo.
Prazo de resolución: 2 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.
Taxas/Impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.