Sede electrónica Concello de Sada

04:37:30 Sábado 27 de xullo 2024

Información

Servizos económicos

27/01/2023

Aprobación provisional da modificación da Ordenanza F. reguladora da taxa ocupación de postos Feirón

EXP: 2023/G015/000001

Aprobación provisional da modificación da Ordenanza fiscal número 29 reguladora da taxa pola ocupación da vía pública con postos no feirón semanal no concello de Sada.

O Pleno do Concello de Sada, en sesión celebrada o pasado 26 de xaneiro de 2023, acordou a aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora da taxa pola ocupación da vía pública con postos no feirón semanal no concello de Sada.

En aplicación das previsións contidas no artigo 17 do R.D. Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o expediente exponse ao público durante trinta días a contar dende a publicación de anuncio no BOP, prensa diaria e taboleiro de anuncios da Corporación. O dito prazo comenzará a contar dende a última das publicacións realizadas. Dentro dese período os interesados poderán examinar o expediente nas dependencias municipais e presentar as reclamacións que estimen oportunas. Transcorrido o dito prazo sen se presentar reclamacións o acordo considerarase definitivamente aprobado, procedéndose á publicación íntegra do seu texto. En caso contrario a Corporación deberá resolver as reclamacións presentadas aprobando a redacción definitiva da modificación.


Xustificantes de Publicación: