Convocatoria proceso selectivo bolsa emprego postos de xefe de Brigada incedios forestais ou similar
EXP: 2025/E001/000005
Ás solicitudes de participación achegarase a documentación sinalada na base cuarta das Bases Xerais e axustaranse ao modelo que está a disposición na seguinte ligazón: https://www.sada.gal/ga/a-un-click/impresos ou que se lles facilitará nas dependencias municipais.
(recoméndase imprimilo en formato .pdf unha vez cumprimentado e antes de asinalo, para que os campos do formulario queden pechados)
O prazo de presentación de solicitudes é o establecido na base sétima das específicas (cinco -5- días hábiles a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP), o cual produciuse hoxe. E haberá de presentarse electrónicamente cosonte á Ordenanza de administración electrónica do Concello de Sada.
As taxas serán as establecidas na base quinta das xerais para o grupo B,asimilado (20 euros). A carta de pagamento descargarase seguindo o procedemento que aparece na sede electrónica do Concello de Sada (Oficina Virtual Tributaria), opción: pagamento de taxas/Exp.doc,act,addm e outros dos/dereitos de exame. Indicar como concepto do ingreso: Taxas PSB 3/2025